Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cursos. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de julio de 2014

Xornadas Naturais de Autosuficiencia: Permacultura aplicada. Agosto 2014



PERMACULTURA APLICADA: 
Bioconstrución, Agricultura Natural, Enerxía e Tecnoloxías apropiadas.

En Atios - Porriño - Sur de Pontevedra. 

Aqui podes ver a casa donde realizaremos as xornadas:
http://permaculturalouro.blogspot.com.es/p/este-es-el-reportaje-que-realizaron-en.html

O evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/612437872187584/

De xoves 14 de agosto a domingo 17 de 2014.

>PROGRAMA:

DÍA 1: xoves 14/08. Introdución á Permacultura e á Bioconstrución.

- Introdución Sistémica á Permacultura.- Estudo do lugar.
- Bioconstrución: explicación da construción da casa. Acertos e erros.
con André Calvo (Carpinteiro e construtor en Bioconstrución) e Bugui García.

-PRÁCTICA:
- Probas de arxila. -Produción de adobes.
- Paredes demostrativas de barro (quincha o parede francesa).
- Sofá de Superadobe.

DÍA 2: venres 15/08. Auga e Sol. Enerxía e tecnoloxías apropiadas.

- Captación, almacenamento, purificación, e distribución da auga. A xestión hídrica desde un punto de vista de deseño de permacultura aplicada. Introdución ó deseño de paisaxes de retención de auga.
- Colocación do rego por exudación con Juanrra.
- Augas grises e negras.

- Tecnoloxías apropiadas e enerxías renovabéis.
- Secador solar - Secado de alimentos.
- Fornos solares.
- Ducha solar.

-PRÁCTICA:
- Paisaxes de retención da agua. Experimentación.
- Construción dunha cociña solar con Dani García de seycosol.

DÍA 3: sáb 16/08. Agricultura Natural. Sistemas produtivos.

- Salvador Amoedo. 35 anos de agricultura natural no sur de Galiza. Experto en autosuficiencia.
- Horta natural.

-PRÁCTICA:
- Creación dun novo banco de cultivo.
- Traballo con plantas de tempada, esquexes, poda natural...
- Volta explicativa pola horta.

DÍA 4: dom 17/08. Alimentación Consciente: Natural e silvestre.

- Carlos Rodriguez de Ecohuerta en Ponteareas. Experto en Adaptación de plantas Subtropicais e Botiquín de plantas medicinais da nosa horta.
- Jose Rei. Experto en bosques comestíbeis.


-PRÁCTICA:
- Extración de clorofila - Xerminados - Pasta caseira.
- Leites vexetais - Pan de bellota con Ruth.

Un total de 36 horas de aulas, aliñadas con dinámicas de grupo, ioga, meditacións de mañá e proxeccións nocturnas dalgúns dos mellores documentais sobre o tema.

>FORMADORES:

-Bugui Garcia de Permacultura Louro.
http://permaculturalouro.blogspot.com.es/
-Dani Garcia de Seycosol: Experto en fornos e secadores solares.
-Juan Ramón Lara: Enxeñeiro experto en tecnoloxía apropiada.
-Salvador Amoedo: Experto en Autosuficiencia e agricultura natural desde hai 35 anos.
-Carlos Rodríguez de Ecohuerta.
http://carlosregalavida.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/ecohuerta
-Jose Rey: Experto en bosques comestíbeis.



martes, 7 de diciembre de 2010

TALLER COOPERATIVAS DE CONSUMO ALTERNATIVO en Porriño

Un lujo que no debeis dejar pasar si vivis en Porriño o alrededores y os interesa el tema del Cooperativismo y el apoyo mutuo.

información completa: http://www.facebook.com/#!/event.php?eid=146799092035553

hemos empezado con la priumera sesión el pasado 4 de diciembre pero estás a tiempo de unirte en cualquiera de las fases.

PROGRAMA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO DE CONSUMO EN GALIZA
PORRIÑO 2010


CONTEXTUALIZACIÓN

O Libro Branco do Cooperativismo Galego en 2004 diagnosticaba ás cooperativas de consumidores e usuarios como unha fórmula que debera ter importantes expectativas de éxito no noso país, tendo en conta o seu obxecto principal. Tamén se constataba o escaso número de cooperativas activas desta tipoloxía en Galiza; como posíbeis tendencias de futuro nestas cooperativas sinalánbanse a conversión en cooperativas de consumo de cooperativas doutras clases, a creación deste tipo de
cooperativas en actividades relacionadas con novos hábitos de consumo como a comercialización de alimentos de orixe ecolóxica, servizos relacionados coa cultura e servizos á comunidade.
Enmarcábanse estas tendencias dentro dunha crecente consciencia por parte dos/as consumidores/as en aspectos como a exixencia de mellor información sobre o que consumimos, o consumo responsábel, a seguridade alimentaria, e o respecto ao medio ambiente nos procesos de produción e consumo.

Tendo en conta o anterior, o Plano Estratéxico do Cooperativismo Galego para o período 2005-10 fixaba como unha das posíbeis liñas de actuación para potenciar e ampliar as cooperativas de consumidores e usuarios, os programas de divulgación desta fórmula asociativa.

En 2004 concretáronse as primeiras actividades dentro da liña de difusión e mellora competente do cooperativismo de consumo á sociedade galega, que consistiron na realización da 1ª Xornada Galega de Cooperativismo de Consumo promovida pola Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-AGACA, A Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia e a Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios -HISPACOOP e a edición dentro do programa Espadelada dun
manual de consumo responsábel.

Desde o ano 2005, tendo en conta a anterior diagnose, desde SINERXIA co apoio das cooperativas de consumo Arbore e A Xoañiña e a Asociación de Economía Social Briante, e co patrocinio da Consellaría de Traballo, vense desenvolvendo con periodicidade anual este Programa en toda a xeografía galega que ten dado uns satisfactorios resultados como a creación de varias cooperativas de consumo responsábel, nomeadamente, no ambito agroecolóxico (p.e. Eirado; Panxea; Zocamiñoca); o apoio a novos grupos de consumo responsábel baixo fórmulas organizativas de economía social; e a conformación dos primeiros pasos de redes ou estruturas de intercooperación económica e divulgativa no ámbito do consumo responsábel. Nesta altura, este proceso semella continuar medrando e así xorden novas solicitudes de grupos de persoas e colectivos para autoxestionaren o consumo co obxecto de recibiren información, formación e asesoramento para coñecer fórmulas autoxestionarias como as cooperativas e madurar proxectos neste ámbito. Por outro lado, as cooperativas xa activas teñen solicitado o apoio da Federación para comezar un proceso formativo-reflexivo que desemboque na creación dunha Unión de Cooperativas de Consumidoras e Usuarias baixo parámetros de consumo responsábel e respecto ambiental.

Por estes antecedentes, máis un ano presentamos unha nova edición deste Programa co obxecto de atender as demandas existentes; continuarmos a consolidar esta tipoloxía de cooperativa en Galicia e crear e consolidar novas e actuais redes de


FEDERACIÓN DE EMPRESAS COOPERATIVAS SINERXIA
ACTIVIDADES DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO 2010

intercooperación con outras tipoloxías de cooperativas e organizacións da economía social, e daquela, dar cumprimento á misión e os obxectivos estratéxicos da Federación.

FINALIDADE


Obxectivos da actividade proposta para Porriño

• Atender as necesidades de colectivos e persoas potenciais promotoras
de cooperativas para o fomento e creación de redes de cooperación no
ámbito do consumo.
• Dar a coñecer a filosofía e as vantaxes da cooperativa para organizar o
consumo baixo os valores de autoxestión, democracia eresponsabilidade.
• Dar a coñecer experiencias de cooperativas de consumo galegas activas.
• Analizar as posibilidades de promoción de cooperativas de consumo en
sectores como os servizos á comunidade, cultura e o consumo ecolóxico.
• Dinamizar procesos de creación e consolidación de proxectos
cooperativos no ámbito do consumo.
• Dinamizar procesos de intercooperación económica e representativa
entre as cooperativas de consumo e con outras redes de consumo de
economia social e solidaria.


CONTIDOS E METODOLOXIA

O programa terá varios niveis de desenvolvemento en cada localidade ou comarca onde se realice :

- Nivel I: Xornada de Divulgación do Cooperativismo de Consumo.
- Nivel II: Conformación grupo promotor : Taller de análise das posiblidades de creación de proxectos de cooperativismo de consumo.
- Nivel III : Titorización e dinamización de procesos de creación e consolidación de proxectos cooperativos no ámbito do consumo.

Serán os colectivos e persoas interesadas nesta fórmula, as que marquen o desenvolvemento de cada un dos niveis de que consta este programa.

Nivel I: Xornada de Divulgación do cooperativismo de consumo

Esta Xornada terá unha duración máxima de 4 horas e está plantexada para ser desenvolvida nun seguinte formato :

- Taller práctico de introdución á fórmula cooperativa (definición / principios / tipoloxía) (De 16 a 18.30 horas)
- Exposición de experiencias cooperativas de consumo activas
(De 18.30 a 20.00 h)




FEDERACIÓN DE EMPRESAS COOPERATIVAS SINERXIA
ACTIVIDADES DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO 2010

Haberá un descanso na metade da sesión dunha duración aproximada de 15 minutos

En Porriño desenvolverase esta actividade o próximo 4 de Decembro de 2010, en horário de 16 a 20 horas na cooperativa de ensino Santo Tomás, situada n’A Florida Torneiros.

O Taller Práctico será dinamizado por Ramón Carmelo Rodríguez, do persoal técnico da Federación de Cooperativas SINERXIA (www.sinerxia.org )

As experiencias de consumo que se presentarán na Xornada, serán a de Consumo Consciente ARBORE, S.Coop.Galega (www.arbore.org ) de Vigo e o Grupo de Consumo Responsábel A GRADICELA (http://agradicelacoop.blogspot.com/ )de
Pontevedra.


Nivel II: Taller sobre o modelo cooperativo orientado ao consumo

Este taller vai destinado a colectivos ou persoas que teñan participado no Nivel I do programa ou que, sen participar, conformen grupos promotores de proxectos cooperativos de consumo.

Cada taller ten unha duración de 20 horas, divididas en dous módulos :

- Divulgación cooperativa
- Plano de empresa
- Visita as instalacións dunha cooperativa de consumo.

Os contidos do obradoiro xirarán entorno á análise das posibilidades de creación de proxecto/s cooperativo/s de consumo na localidade ou comarca onde se desenvolva, e cunha análise e debate da misión, visión compartida, valores e principios e obxectivos do/s proxecto/s a promover.

En Porriño están por determinar as datas de celebración deste Taller.


Nivel III : Titorización e dinamización de procesos de creación e consolidación de proxectos cooperativos no ámbito do consumo.

Esta fase está destinada a un grupo promotor, conformado no Nivel II ou que sen ter participado nesa fase conformen un grupo de emprendemento con certa cohesión e estímulo. Aqui titorízase e dinamízase ao grupo para elaborar un plan de viabilidade da empresa cooperativa de consumo que xurda da iniciativa das persoas do grupo. A duración da titorización do plano de viabilidade será de 40 horas.

Se en Porriño calla a conformación dun Grupo Promotor, haberá que determinar as datas de celebración do proceso de titorización.


A metodoloxía que implementaremos en cada un dos niveis de actuación será práctica e participativa, procurando a súa adaptación ao perfil das persoas asistentes a cada actividade. As sesións de traballo serán presenciais. Fomentarase o debate coas asistentes co fin de tirar conclusións de utilidade para o cumprimento dos obxectivos do programa. Complementarase a metodoloxía coa implementación das TIC’s para fomentar o coñecemento mutuo das integrantes dos grupos de consumo



FEDERACIÓN DE EMPRESAS COOPERATIVAS SINERXIA
ACTIVIDADES DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO 2010

cooperativo que se conformen e a dinamización das diversas actividades do programa dunha forma horizontal.

DESTINATARIAS

1. Asociacións culturais, asociacións de produtoras e consumidoras ecolóxicos, asociacións de pais, nais e alumnado de centros educativos, asociacións veciñais, asociacións de consumidoras, ou oficinas municipais de información á consumidora.
2. Grupos promotores de cooperativas de consumo.
3. Membros das cooperativas galegas de consumo e outras (traballo asociado, ensino, mar, vivendas…), socias e asalariadas, e membros doutras empresas e organizacións da economía social (sociedades laborais, asociacións, etc.)
4. Dirixentes e técnicas das estruturas asociativas de cooperativas galegas e mais doutras estruturas asociativas de empresas e organizacións da economía social (sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas inserción, etc.)
5. Xestoras e técnicas de cooperativas e doutras organizacións e empresas de economía social.
6. Outras profesionais do sector, como docentes, asesoras-consultoras, ou axentes de desenvolvemento local e emprego, entre outras.
7. As administracións públicas a nivel local e autonómico.
8. Interesadas en xeral.